Autores de BDs galegos participan en publicacións estatais

David Buceta publicará o monográfico La agente Sánchez na editora dixital TS Cómix

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Colaboración de Guitián en Black Pulp Box

Colaboración de Guitián en Black Pulp Box

O debuxante vigués Miguel Porto está a multiplicar a súa actividade nos últimos meses. Recentemente anunciaba a súa participación cunha historia curta na antoloxía internacional The meaning of life, que sairá a comezos de maio editada por Sebastian Koch. Agora, confirma a súa participación no segundo número da publicación satírica Mongolia coa súa participación nunha historia guionizada por Jorge Riera. Canda a el, Alberto Guitián anuncia a súa participación no proxecto Black Pulp Box, unha caixa de publicacións de BD, narrativa e ilustración arredor da cultura pop que se presenta o vindeiro 23 de abril en Barcelona

A coincidir no tempo, o arousán David Buceta verá publicada La agente Sánchez da man da nova editora dixital TS Cómix. O volume pretende ser o primeiro dunha serie ambientada na sombría Villagarcity.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Porto, Alberto Guitián, Narrativa, Pop...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares