Medra a presenza de autores galegos de BD en obras colectivas

David Rubín, Roque Romero, Andrés Magán, David Braña ou Miguel Porto colaboran en distintos proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina da historia de David Braña para 14 historietas de vampiros

Páxina da historia de David Braña para 14 historietas de vampiros

Cristal é a historia coa que David participa na antoloxía Cortocuentos, sobre un guión de Chema García. Pola súa banda, na cuarta entrega do fanzine Kovra atopamos senllas historias de Roque Romero e Andrés Magán. Ao tempo, da man de Diábolo edicións, está xa na rúa 14 historietas de vampiros, un volume colectivo no que o vigués David Braña asina o guión dunha das historias. Continúa, ao tempo, a colaboración de Miguel Porto na revista Mongolia, onde ilustra un guión de Jorge Riera.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, David Braña, Miguel Porto, Roque Romero...