David Braña lanza Mercury

Sae a edición española de Las crónicas de Legión con participación de Tirso Cons

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Mercury

Capa de Mercury

O guionista afincado en Vigo David Braña acaba de lanzar con Ediciones Babylon Mercury. Braña asina o guión dunha historia de acción que debuxa Abel Cicero en branco e negro. O volume pode adquirirse no web de Ediciones Babylon. Pola súa banda, Yermo Ediciones presenta a edición en castelán do volume que recolle os catro álbums da serie Las Crónicas de Legión. A obra, que recolle historias sobre Drácula en catro épocas diferentes conta coa participación do galego Tirso Cons como debuxante dun dos arcos argumentais. Finalmente, Martín Romero está a publicar no seu blog o webcómic El manual delas piedras, unha serie de historias curtas con estes elementos como protagonistas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Braña, Martín Romero, Guión, Vigo...

Claves

Lugares