O Dicionario da RAG conta con aplicacións para Chrome e Firefox

Os programas foron desenvolvidos por Proxecto Trasno e Cabozo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O flamante Dicionario da Real Academia Galega está xa dispoñible en extensións para os navegadores web Firefox e Chrome. Os colectivos Proxecto Trasno e Cabozo encargáronse de programar cada unha destas aplicacións que, no caso do Firefox, incorpora esta obra á lista do menú de busca. Pola súa banda, no Chrome permítese, mediante un menú emerxente, buscar o significado dunha palabra seleccionada así como facer traducións.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Real Academia Galega

Claves

Conceptos