A versión en galego do Firefox 3 estará lista para finais de xullo

Pasarela galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Malia que as primeiras informacións apuntaban que non habería unha versión en galego do novo Firefox 3, ao final parece que non vai ser así. Mancomún foi a encargada de coordinar os traballos de traducións que xa remitiu á Fundación Mozila, que deberá continuar coa segunda fase do proceso: a testaxe do programa. Neste punto a comunidade galega do software libre xa amosou o seu interese por colaborar, co que se podería acelerar un proceso que habitualmente é moito máis lento. Segundo as previsións da Consellaría de Innovación, o navegador podería estar listo para o 25 de xullo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves