AGADIC anima o emprendemento nas industrias culturais

A cerámica de Gundivós, o turismo ou o audiovisual coinciden nunhas xornadas universitarias

17/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces
Este mércores, 18 de abril, comezan na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña as Xornadas de Emprendemento nas Industrias Culturais. Este encontro, coordinado pola Axencia Galega das Industrias Culturais percorrerá tamén Compostela, Pontevedra e Ourense, e amosará exemplos de iniciativas empresariais neste ámbito. Deste xeito, propostas como a innovación na cerámica de Gundivós, o sector turístico vencellado á cultura, o traballo na música do colectivo Sinsalaudio ou as propostas de innovación no campo audiovisual de Innoav son algunhas das iniciativas que se poderán coñecer no encontro.

Universo culturagalega.gal

23/09/2013

I+D no rural

Os Estruming Days queren visibilizar e potenciar as iniciativas de innovación que existen fóra das cidades

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados