Novas tecnoloxías, nichos de mercado, calidade, proxectos multidisplinares, sinerxias, deseño ou TIC son palabra que polo xeral non asociamos co mundo rural. No entanto, o vindeiro 27 de setembro comezan en Pontevedra unha xornadas que amosan propostas de innovación que se desenvolven precisamente neste ámbito. Co obxectivo de dar a coñecer e pór en contacto estas experiencias, chegan os Estruming Days.
Os vindeiros 27 de setembro, 25 de outubro e 29 de novembro, Pontevedra será un núcleo de intercambio de coñecemento arredor de iniciativas de dinamización do rural. Investigación e Innovación, Deseño e o emprego de Internet e das Novas Tecnoloxías son os eixes que estruturan cada unha das xornadas dos Struming Days, que celebran este ano a súa primeira edición. Para nós son tres elementos fundamentais para conseguirmos unha economía do coñecemento sustentable a longo prazo e competitiva. Hai que combinar o ben propio e o ben común respectando a identidade e aproveitando os propios recursos, explica Desirée Vidal, coordinadora do evento. Na orixe dos Estruming e do seu curioso nome está o traballo que parte do equipo que coordina esta iniciativa desenvolve coa mancomunidade de montes do Salgueiral, en Pontevedra. Segundo explica o propio web do encontro, foi José Bravo, presidente desta entidade quen propuxo estrume como palabra clave para explicar o que queríamos facer, poñer en contacto e visibilizar o capital humano e creativo de emprendedores e empresarios que están a dinamizar o rural e os seus recursos dun xeito innovador.
Barreira rural
Unha das primeiras cuestións que detectaron os promotores á hora de pórse a traballar é a existencia dunha certa barreira entre o público urbano e o mundo rural. A idea do rural para moita xente vese como unha barreira, séguese a pensar en algo rústico ou non lle interesa para nada. Acontece tamén coa etiqueta ecolóxica, que ás veces atrae unicamente a xente xa concienciada ou interesada pero que actúa como un límite para outros. Cómpre entender ao público e traballar desde o que se ten, pero hai que lle dar unha volta a como se comunican as cousas, explica Vidal. Desde esa perspectiva, os Estruming Days buscan rachar unha fronteira que os organizadores consideran artificial. Aínda que a nivel administrativo hai unha serie de condicións que definen o que é unha cidade ou unha vila, a relación cultural, social e económica supera ese tipo de límites. A nosa identidade é híbrida. Así, o concepto de rururbano preséntase como básico para entender os encontros. Queremos naturalizar esa relación. Na realidade hai un contacto diario co rural. De alí veñen os alimentos que consumimos e pasamos por el todo o día. Hai unha relación cotián da que moitas veces non se é consciente. Pola súa experiencia en proxectos previos, os organizadores decatáronse de que as empresas que se achegaban mantiñan en moitos casos unha filosofía común. Ante esta situación, e coa perspectiva transversal do evento tentamos diversificar e conectar con empresas punteiras que ao mellor traballan desde o rural pero teñen pouca conexión co seu contorno ou outras que ao mellor non desenvolven o salto de conseguir valor engadido para os seus produtos.
Traballo horizontal
Aínda que as ideas que se manexan nos encontros poden semellar nitidamente dirixidas a empresas, a organización sinala que contan tamén con fundacións, colectivos, e calquera tipo de entidade vencellada a este ámbito e con interese en traballar na súa dinamización. Aínda que no web e no programa aparecen destacadas unha serie de iniciativas convidadas, os asistentes encontraranse cun sistema de traballo horizontal que tratará en pé de igualdade a todos. Buscamos en cada sección dúas empresas que teñen como puntos fortes os que se recollen no título da xornada, pero logo todos os que asistan participarán en dinámicas de traballo grupais nos que cada un deberá ver as carencias e as posibilidades dos seus propios proxectos, explica Vidal. Os deseños exclusivos de Woodglass ou Cenlitrosmetrocadrado, do mesmo xeito que Saborplace, Elogia, Orballo innovacións forestais ou Adegas Fermenta son as firmas convidadas.
Ámbitos
Canda a eles asistirán empresas vencelladas ás novas tecnoloxías como o estudio de deseño Ailalelo. Céntrase en aplicacións multimedia e para móbiles, centrados en clientes do agro e traballando cunha imaxe moi moderna. Tamén participa Xosé Bangueses, director do MexilOnseTuits ou empresas que xestionan talento freelance para Start Ups. Neste encontros cruzamos o que cría polos co que ten unha adega, con outro que traballa o turismo rural, fai transferencias tecnolóxicas, pan ou aplicacións multimedia. Ademais, os Estruming Days vale tanto para xente que comeza proxectos como para aqueles que xa teñen unha empresa e están a tentar pasar a propostas innovadoras. E cita como exemplo, aínda que non estarán, o de Cyclowood, unha carpintaría familiar de Verín que exporta bicicletas de madeira a Alemaña e a outros países de europa cun deseño moi coidado.
Conexións e coñecemento
Encol do descoñecemento que existe sobre moitas destas iniciativas innovadoras no noso propio país, Vidal, para alén desa barreira encol do rural, apunta que en moitos casos non se coñecen porque traballan directamente para o exterior, á par que destaca a falta de conexión entre elas. Hai pouco dicíame un señor nunha feira que en Galicia cada casa é unha empresa. Non fan vida entre elas. Cómpre crear comunidade e conectar esta xente. Á hora de propor sinerxias, por exemplo, Vidal apunta posibles sinerxias entre os participantes. Temos un rapaz de Santiago que desenvolve iniciativas de turismo alternativo coa empresa We are galegos. Temos A Casa de Ana, un espazo restaura próximo a Pontevedra que os responsables queren que sexa algo máis que un espazo de comidas, tamén porque ven que o modelo de restaurante está obsoleto e queren buscar outras oportunidades. Entón, por exemplo, pódese levar a xente de ruta, visitar unha lonxa, mercar alí o marisco e coñecer como se pesca e se vende e logo o facer na casa. E como iso calquera outro produto, co cal tamén fas que a xente sexa consciente do que consume e lle dea outro valor.
Equipo e continuidade
O equipo que coordina esta proposta naceu do encontro de profesionais de diferentes áreas e experiencias, e está aínda a investigar xeitos de continuar o seu traballo. Así, Desirée Vidal procede da dinamización sociocultural coa empresa Anias, á que se sumaron xestores de coworking, coaches ou o propio presidente da comunidade do Salgueiral. Xuntouse xente de diferentes inquedanzas e queremos ver aínda se a proposta é sustentable, xa que aínda o Concello de Pontevedra nos apoia e cobre parte dos gastos, hai moitísimo traballo voluntario. Así, agardan presentar cara ao mes de decembro as conclusións destes primeiros encontros para, a partir de aí, pensar propostas para o vindeiro ano. E veremos entón qué abonou este estrume.