O Museo de Pontevedra inicia unha xeira de exposicións itinerantes

O centro presentou tamén o seu novo catálogo en rede

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:

Fondos do Museo de Pontevedra visitarán 25 concellos da provincia mercé a un plan da Deputación. Espazos expositivos de diferentes localidades amosarán seleccións de fondos da ampla colección do centro. Cambados iniciará o vindeiro 13 de abril a xeira coa mostra Anxo Rial. Luces do mundo, que logo xirará por diferentes localidades ata agosto. Canda a isto, o Museo presentou o pasado día 4 o seu novo catálogo en liña, que permite acceder a 14.957 pezas da súa colección. Ao longo dos vindeiros meses o centro irá completando o web.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Exposicións, Cambados

Claves

Conceptos