A Deputación de Lugo publica o Catálogo de Zanfonas Históricas

Permite o acceso en liña a 25 instrumentos datados entre os séculos XVIII e XX

31/1/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: músicapatrimonio
29 lecturas | Compartido 0 veces

Zanfona do Centrad de Lugo. Foto: Deputación de Lugo

Xa é posible acceder en liña ao Catálogo de Zanfonas Históricas de Galicia, que permite explorar 25 instrumentos datados entre o século XVIII e o XX. O catálogo permite acceder a un visor 360º de cada instrumento, galerías fotográficas e descargar infrmación e medidas de cada instrumento. As pezas do catálogo proceden de diferetnes museos, institucións, colectivos culturais e coleccionistas privados, como o propio Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, promotor do proxecto, o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego ou o Museo de Belas Artes da Coruña, entre moitos outros. Segundo Efrén Castro, deputado de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, "con este catálogo dixital documentamos o coñecemento xenerado e compartido durante ese encontro e ofrecemos unha ferramenta útil para a investigación e a formación arredor deste instrumento milenario, avanzando no obxectivo de proxectar Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño, nun espazo de referencia a nivel europeo".
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados