O CenTrad de Lugo prepara axudas directas para o sector da artesanía

O centro da Deputación Provincial dedicará 50.000 euros a apoiar os obradoiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas CulturaisArtesanía
Compartir:

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo (CenTrad) está a traballar nunha liña de axudas directas para o sector da artesanía cun importe mínimo de 50.000 euros. Así o comunicou o deputado delegado Efrén Castro nun encontro virtual que mantivo con artesáns lugueses polo que se achegou ás súas situacións. A suspensión de feiras e a falta de actividade comercial ou visitas aos obradoiros causou un evidente impacto na actividade destes traballadores que ven como unha caída do turismo a curto e medio prazo tamén lles causará un importante dano. Segundo avanzou o deputado provincial as achegas serán directas e beneficiarán a todos aqueles profesionais da artesanía acreditados como tales. O ente está a traballar xa nas bases que rexerán ese apoio ao sector e publicar a convocatoria.

No encontro virtual participaron Francisco Fra, que ten en San Cibrao a única carpintería de ribeira en activo da provincia; a deseñadora Pilar Cupeiro, que leva o seu obradoiro de iluminación e artes plásticas en Cospeito; a xoieira lucense Estefanía Gazol de Mil Brumas; Elías González, que segue a tradición oleira de Gundivós e o luthier Xaneco Tubío, que ten o seu obradoiro de instrumentos en Outeiro de Rei.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Lugo, Deputación Provincial, Turismo

Claves

Conceptos
Lugares