Abre, logo de sete anos, o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte

A Fundación Torre-Pujales inaugura o centro este sábado en Corme

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Aínda que o proxecto comezou a se xestar na altura de 2006, é este sete de abril cando abrirá as súas portas en Corme o Museo de Artes Contemporánea Costa da Morte. O centro achega unha colección de obras maioritariamente producidas por artistas que se achegaron á comarca dentro do programa de bolsas da Fundación Torre-Pujales. Esta entidade, presidida por Cristina Torre, viúva do pintor Julio Pujales, é a responsable da iniciativa, que acolle tanto pinturas como esculturas ou fotografías.

De cara a vindeiras datas, o centro pretende promover conferencias, encontros artísticos e outras actividades de dinamización cultural en Corme.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Morte, Costa da Morte

Claves

Conceptos
Lugares