AGADER financiou con 80.000 euros no periodo 2007-2008 as obras de recuperación e musealización do inmoble no que se instalou a Fundación Torre-Pujales, na rúa real de Corme, asà que a entidade debera ter xustificado a axuda a finais do 2008 ou na primeira metade do 2009. Sen embargo, o museo non abriu as súas portas ata abril de 2012, polo que a Xunta reclamou a devolución da subvención máis 20.000 euros de interese. Como a Fundación non pode aboar en metálico esa cantidade, Facenda embargou 47 cadros da colección que a entidade pontecesana taxou en máis de 800.000 euros e convocou a poxa pública para o 21 de novembro na Coruña. As obras subhastadas non forman parte da colección exposta da institución. A noticia espertou unha gran inquedanza no ámbito cultural de Ponteceso.