Xestionan un concerto en apoio ó faro e esmorencen as esculturas do seu redor

Icono de Hércules

Apoio e esquecemento. Estas son as dúas palabras que se lle poden aplicar á Torre de Hércules estes días. Apoio porque o Instituto de Estudios Torre de Hercules está pensando en xestionar un macroconcerto para apoiar a candidatura do faro a Patrimonio da Humanidade. E mentres se barallan nomes como U2 ou os Rolling Stones, as obras de artes que compoñen o parque escultórico que rodea á Torre de Hércules están sumidas no máis profundo esquecemento. Un conxunto escultórico que precisa dun traballo de recuperación que de momento están a paliar os propios artistas.

Apoios

O feito de que a Torre de Hércules poida ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, está a desenvolver bastante movemento na cidade herculina. De feito, o creado para a ocasión Insituto de Estudios, leva tempo pensando en organizar actos efectistas que consigan chamar a atención sobre o monumento e que permita conseguir o seu obxectivo. E os membros deste Instituto estaban a pensar nun macroconcerto con músicos de renome internacional que leven o nome e a imaxe do monumento romano a todas as esquinas do planeta. E para tal evento na cabeza dos organizadores están os irlandeses U2, ou nos Rolling Stones, nos The Chieftains, Mike Olfield. De momento, este macroconcerto non se realizaría ata o 2003 ou o 2004, pero a importancia do grupo que pretenden traer implica poñerse a traballar xa.
O que sí está máis ou menos decido que se celebre este ano son os concerto de apoio que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia, que ofrecerá un programa relacionado cona obras que versen sobre o mar. Por último, dentro do capítulo de apoios, parece firme o apoio da Cutty Sark, que será unha cinta na que o Instituto pretende colgar as bandeiras de todas as regatas participantes eas colagará do faro.












Esquecemento


Entre tanto fastuo e tanta preparación de medidas efectistas, o parque escultórico que rodea á Torre de Hércules está a sufrir as consecuencias do abandono. E a súa situación de deterioro é tal que os propios artistas, ante o esquecemento e a falta dunha partida presupostaria (que lle corresponde ó Concello) para paliar o seu deterioro, os propios artistas acaban de optar pola reparación do conxunto escultórico antes de que sexa demasiado tarde. E entre os artistas que contribuen á recuperación das súas propias obras están Enrique Saavedra, Fidel Goas ou Moncho Amigo.