Os coruñeses crean grupos para apoiar a candidatura da súa Torre ante a UNESCO

A posible torre humana

Seis grupos de traballo que engloban diferentes disciplinas pretenden mobilizar os coruñeses para que o seu icono máis milenario, a Torre de Hércules, sexa proclamada monumento da Humanidade. Non é a primeira vez que se pon en marcha unha iniciativa deste cariz, xa que no 1996 a Real Academia de Belas Artes e o Concello xa o intentaran. Pero para evitar que esta nova insistida caia en saco roto, creouse o Instituto de Estudios Herculinos Torre de Hércules que pretende conseguir o apoio e a mobilización non só dos coruñeses, senón tamén de todos os galegos.

Grupos de traballo




Economistas, médicos, políticos, artistas e en xeral, todos os coruñeses teñen agora máis motivos que nunca para estar unidos. De feito, entre eles creáronse seis grupos de traballo que desenvolverán, redactarán e argumentarán as propostas de apoio polas que a solicitude que se presenta en París para que a Torre de Hércules sexa declarado Patrimonio da Humanidade. Será un grupo de apoio en bloque en diferentes comisións: histórica, arqueolóxica e xeográfica; tecnolóxica e informática; artística e cultural; literaria; deportiva e, por último arquitectónica. Cada unha para conseguir que se cree unha plataforma de proxección internacional de apoio ó edificio milenario dos coruñeses. Pero o apoio non só queda aquí senón que á súa vez se acaba de crear o Instituto de Estudos Torre de Hércules, que ten como presidente de honra o alcalde Francisco Vázquez. Un instituto que pretende organizar actividades culturais, exposicións, premios ou competicións deportivas para impicar a todos os coruñeses nesta loita.

Desde A Coruña espérase un apoio popular tan amplo e multitudinario como cando Lugo se moveu para conseguir o recoñecemento da súa muralla.





Non é a primeira vez



Os coruñeses xa saben o que doe unha negativa. De feito non era a primera vez na que este mesmo edificio fora candidato a ser declarado Monumento da Humanidade. Foi exactamente no 1996, nunha solicitude feita pola Real Academia de belas Artes e o Concello. Daquelas a carta que remitíu a Unesco argumentaba a súa negativa debíase en que a torre foi totalmente reconstrudída no século XIII polo arquitecto Giannini. Sen embargo, os coruñeses decidirán tentalo de novo, xa que existen outros monumentos remodelados que foron considerados Patrimonio da Humanidade. E tirando a pedra e sen agochar a man, apuntan que máis do 50% do casco histórico de Cáceres está remodelado, ó igual que a muralla de Lugo.





Medidas de apoio



Os membros do recén fundado Insituto de Estudios Torre de Hércules xa comezaron a rebuscar ideas que consigan un doble obxectivo: por unha banda sensibilizar ós coruñeses, e en segundo lugar, impresionar ós técnicos da Unesco. Logo da experiencia acadada co proxecto "Cumulum" en Lugo, os coruñeses pretenden unha iniciativa que implique a todos os galegos por todo o mundo. E o resutlado éra a versión coruñesa do cúmulum, pero en versión apoio. É dicir, pretenden rodear o faro con mensaxes de apoio que recibirán escritos en todos os idiomas e desde diferentes partes do mundo.