Diminúen un 27% as queixas por motivos lingua e cultura ante o Valedor do Pobo

Educación é a segunda área na que se presentan máis máis reclamacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Nun ano no que a actividade do Valedor do Pobo bateu marcas, as reclamacións que recibiu esta institución vencelladas a cuestións lingüísticas e culturais diminuíu un 27%, cun total de 103 reclamacións. Segundo o Informe Ordinario 2011, a maior parte das reclamacións neste apartado centráronse "na falta dunha adecuada protección de determinados elementos do patrimonio cultural galego e as discriminacións no uso dunha das dúas linguas oficiais no territorio da Comunidade Autónoma". Na maior parte dos casos a queixas debéronse a incumprimentos no emprego do galego por parte da Administracións, especialmente no caso do SERGAS e na sinalización de estradas.

Nunha menor medida, houbo reclamacións sobre a ausencia de formularios e de rótulos en castelán nalgúns servizos da administración pública, ou o feito de que o Twitter de Turgalicia estivese integramente en galego. Canda a isto, o organismo detectou un incremento das queixas relacionadas coas validacións e homologacións de cursos de lingua galega.

Fronte a isto, produciuse un destacado incremento das reclamacións vencelladas ao ámbito educativo e a falta de recursos no mesmo. En total foron 475 as chamadas á acción do Valedor neste campo. O ascenso enmárcase no maior número de queixas relacionadas cos servizos públicos que se verificou o pasado ano.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valedor do Pobo, Educación, Twitter, Lingua galega...