O Instituto Galego de Consumo tramitou 12.000 reclamacións no 2004

Compras con reclamación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Na sociedade de consumo na que estamos non todo é mercar. O Instituto Galego de Consumo (IGC), dependente da Consellería de Innovación, vén de comunicar que as reclamacións dos consumidores aumentaron un 20% con respecto ao último ano. Entre as 12.396 demandas interpostas o sector que máis queixas provocou foi o da telefonía (con 3.400 reclamacións), seguido do da automoción (con 900) e dos electrodomésticos (con 747 reclamacións). Directamente relacionado con isto, o importe das sancións impostas polo ICG superou os trece millóns de euros. O que tamén medrou, aínda que con menor intensidade, foi o número de consultas feitas polos usuarios cun 6% máis.

Máis información no web do Instituto Galego de Consumo

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves