O informe do Valedor do Pobo non detecta máis queixas pola lingua

A cuestión só supuxo o 6% das queixas recibidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Só 140 reclamacións das 2.558 que recibiu o Valedor do Pobo durante 2008 tiñan por obxecto a lingua. A cifra, que supón un 6% do total, non implica unha especial variación a respecto das recibidas no anterior exercicio. Segundo explicou o actual Valedor, Benigno Sánchez, a área que máis queixas concentrou foi a de administración económica, comunicacións e novas tecnoloxías, cun 13% do total.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valedor do Pobo

Claves

Entidades