Pontevedra é a provincia que máis queixas presentou ó Valedor do Pobo

As queixas do ano nun informe

Chegou o ano de facer as contas das queixas de todos os galegos. E non só iso, senón que era a primeira vez que José Ramón Vázquez Sande as botaba logo de que asumise o cargo o pasado mes de febreiro. E onte presentou o seu primeiro informe relativo ás reclamacións tramitadas pola oficina do Valedor do Pobo no 2001. As máis recurrentes o pago das exprociacións, as irregularidades urbanísticas, o tecido eléctrico e a dotación de prazas para a Terceira Idade.

Queixas

José Vázquez Sande fixo reconto das principais queixas que presentaron os galegos ó longo do ano 2001. Un número que ascendeu este ano a 2.656, un número que supera con creces as 1.188 recollidas no ano 2000. E encabeza o número de queixas con 1.865 (con 20,4 %), seguido da Coruña con 502 (un 4,5%). Finaliza o número de queixas Lugo con 96 (2,6%), mentres que Ourense presentou 120 queixas. Pero este gran incremento ten que ver con algúns dos problemas que ocuparon planas de xornais ó longo do curso pasado. Pontevedra encabeza este ano o número de queixas porque o conflicto da folga de transportes de La Unión e o Instituto Terras de Miranda de Vimianzo foron prolongados e afectaron a moita xente.
O Valedor do Pobo fixo un balance das principais áreas de crítica e estas tiñan que ver moitas con demandas sociais relacionadas coa administración (que acumulou 1.896 queixas) . Son, por exemplo, as irregularidades urbanísticas, a dotación de prazas para anciáns en residencias da Terceira idade. Neste último aspecto, Vázquez Sande explicou que no ano pasado había 2.142 persoas en lista de espera para unha praza, das que 1.357 eran para prazas asistidas e 750 para prazas válidas. Un dato que deberá, en palabras do valedor, ser paliado coa posta en marcha do Plan de Creación de Prazas 2001-2006, aínda que tamén o tildou de "insuficiente". Sen embargo, as expropiación seguen ocupando as principais preocupacións dos galegos, e non é para menos, porque o ano pasado pagáronse 21,04 millóns de euros, pero que quedaron por pagar 18 millóns de euros.
Pero non todas as queixas que se presentaron ó Valedor do Pobo foron admitidas a trámite. De feito, non foron admitidas a trámite unas 253, das que 73 foron por comparecencia xudicial.











Trámites


O valedor do pobo ten como misión protexer e defender os dereitos fundamentais, defender as persoas frente a organismos públicos, actuar de mediador entre os cidadáns e a administración, supervisar a actividade das administracións públicas e recomendar e propoñer melloras para beneficiar a todo o mundo. E todos os cidadáns poden presentar as súas queixas de catro formas posibles: en persoas, por correo ordinario, por fax e agora por internet (cubrindo un formulario que se facilita na propia web).