O Valedor do Pobo salienta o grande número de queixas sobre lingua

Benigno López presentou o seu informe no Parlamento esta mañá

O grande número de queixas sobre a aplicación do decreto de galego no ensino e, pola outra banda, encol dos problemas para se comunicar na nosa lingua coa administración chamáronlle a atención ao Valedor do Pobo. Benigno López presentaba esta mañá no Parlamento o informe correspondente ao ano 2007, alertando da "tendencia a promover que esta materia se converta en obxecto de conflito". Neste mesmo sentido, presentáronse queixas sobre as probas de coñecemento da lingua para oposicións á Administración Autonómica.

A maiores, e a falar do ámbito cultural, no seu informe López recolle diferentes queixas encol de actuacións sobre elementos patrimoniais, coma as realizadas na zona do depósito de Castelo do Con, no conxunto mas mámoas de Chá de Brión ou na capela de Santa Eufemia en Trazo.