A pasada semana lanzábanse dúas plataformas destinadas a difundir a produción audiovisual do paÃs na rede. As mesmas súmanse a aposta, que desde decembro do pasado ano, mantén a Escola de Imaxe e Son de Vigo con Fantasio.es, o seu propio espazo para o cinema na rede. Analizamos o panorama que se presenta con estas inauguracións.
Hai uns anos producÃase na rede galega unha relativa explosión de proxectos que permitÃan o visionado en liña de filmes e trailers do audiovisual feito no paÃs. A división das competencias entre o Consorcio e a Axencia Audiovisual levou no seu dÃa a que cada un destes organismos achegase o seu propio catálogo con producións en liña, aos que se sumaban propostas como Curtas na rede. Entre ellas, destacaba de xeito especial a proposta a Axencia con Flocos.tv, nado en 2008, que chegou a reunir 350 producións coa aspiración de albergar unha rede social temática artellada arredor do audiovisual galego.
Ausencias
Desde entón, aos poucos, foron desaparecendo as xanelas que existÃan para contemplar filmes galegos en liña. No caso de Flocos.tv, a principal cuestión era a inexistencia de permisos escritos para exhibir en rede as producións incluÃdas, unha situación que, segundo apuntou repetidamente Xoán Carlos Fernández Fasero, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), situaba o proxecto en situación de alegalidade. A isto podemos sumar a parálise de catálogos en liña como os que mantiñan o Consorcio Audiovisual de Galicia, ao que lle chegou a nova da súa disolución cun web a piques de saÃr, ou o Clúster Audiovisual, que tamén cun espazo web en obras desde hai meses trasladou a súa actividade á rede social Facebook.
Atomización
De xeito paralelo á ausencia de espazos que centralicen a posibilidade de ver filmes directamente na rede, plataformas como Youtube e Vimeo serven cada vez máis para a difusión de producións como as series Non saÃmos do lixo ou Angélica y Roberta. De xeito semellante, cada vez é máis habitual que producións en marcha adiante tomas de traballo, imaxes, trailers e mesmo obras completas en páxinas creadas ao efecto ou mediante as redes sociais. Atopamos pois un panorama no que, de xeito paradóxico, a presenza das producións audiovisuais galegas na rede medra, ao tempo que se atopa en grande medida atomizada.
Canle.tv
No entanto, logo dun ano do feche de Flocos.tv, nos últimos meses multiplicáronse as propostas que pretender achegar espazos onde visualizar filmes do noso audiovisual. Deste xeito, o pasado seis de marzo botaba a andar, da man de AGADIC, Canle.tv, que viña substituÃr a Flocos. Segundo sinala Pepe Coira, antigo director do Centro Galego de Artes da Imaxe e grande coñecedor do sector, “Canle.tv pasa a encher un baleiro que se creou desde a propia AGADIC. É unha boa notica que existe, pero isto non desempaña a actitude de ter conxelado Flocos.tv durante dous anos e mantelo desaparecido un ano máis. TerÃa máis sentido se supuxese un paso adiante respecto a ese proxecto, pero non é o caso”. Coira, ao igual que sinalaron outros crÃticos e medios de comunicación, acha en falta un catálogo de producións máis completo no web da Axencia. “Entendo que o volume de material dispoñible é menor. Por outra banda, fáltame a vocación que tiña Flocos de crear unha comunidade”. Canle.tv, aÃnda que permite introducir o material dispoñible noutros webs e compartilo en redes sociais, elimina as opcións que facÃan do anterior web unha auténtica rede social en si mesma con usuarios únicos e que permitÃa comentar as producións e debater encol das mesmas. “En xeral dáme a impresión de ser un web máis elemental do que Flocos”.
Desde Lugo
Só un dÃa antes do lanzamento de Canle.tv, a Deputación de Lugo presentaba Cinemalugo.tv, a súa propia aposta para pór na rede o audiovisual, desta volta centrada na “divulgación das produción audiovisuais vinculadas a provincia”. Novos creadores, documentais e cintas de carácter histórico son os eixes que definen o web, polo de agora cun catálogo bastante reducido Un viaje por Galicia, Riquezas Lucenses e mais a Marcha de Xove no campo da non ficción, O documento de Enrique R. Baixeras en ficción e tres curtas compoñen polo de agora todo o catálogo. Para Coira “é moi natural que xurdan estes proxectos. A rede cada vez é un espazo máis importante para a difusión, e nese sentido non é de estrañar que haxa iniciativas que faciliten o acceso. Ten lóxica que saian tando desde institucións privadas como públicas. Cómpre ter presenza nun ámbito tan empregado e en expansión com é a rede, que se converteu nunha das principais pantallas para a pantalla do audiovisual. Este tipo de propostas facilitan o acceso que é imprescindible, sen acceso non hai nada”.
Formación
Canda a estas propostas, leva xa uns meses na rede Fantasio.es, o portal da Escola de Imaxe e Son de Vigo. Nado co propósito inicial de expor os traballos que se produzan no seo deste centro, o espazo web está aberto tamén a outras iniciativas. Polo de agora conta cun total de dezaseis producións. De xeito semellante outro portal, Audiovisual Escolar Galego, busca centralizar a exhibición en liña das producións que se realizan nas aulas do noso paÃs.
Eivas
Como eivas destas recentes iniciativas, este especialista sinala a súa relativa invisibilidade. “Cómpre facer todo o posible para promocionar este sitios. A xente ten que saber que este material está accesible, e isto é máis sinxelo dicilo que facelo”, advirte. Malia a recoñecer a importancia promocional da rede, insiste en que o noso audiovisual debe manter outras fiestras de acceso ao público. “Era bo que este esforzo de accesibilidade se dese tamén noutros soportes. Resulta moi rechamante que no mundo da televisión non haxa máis espazo para os traballos que se fan, como curtas ou documentais. E logo non se poden esquecer as salas, é unha mágoa que algo que arrincara hai uns anos como foi Cinemas Dixitais, tentando montar un circuÃto alternativo, quedase parado”. E é que Coira, malia a recoñecer que “o modelo está en transformacións, a pasar do consumo en masa ao consumo individual” considera que “se cadra é unha actitude nostálxica, pero non virÃa máis que houbese esforzos por levar o cinema galego ás salas e conservar o consumo colectivo de audiovisual”.
Negocio
No entanto, o principal problema que atopa Coira na actual tendencia a empregar a rede como medio de difusión é a ausencia de modelos de negocio propios para este medio. “Falta que a rede sexa tamén un espazo onde facer rendible as producións, que para alén de dar acceso poida tamén xerar ingresos”. A falta de que se desenvolvan estas opcións, polo de agora, logo do feche de Megavideo, os interesados en ter acceso en rede a contidos audiovisuais de balde dispoñen dunha ampla oferta de material galego.