Un 54% dos mozos galegos que usan Tuenti empregan o galego como lingua nesta rede social. Así se desprende dos primeiros datos que presentou o profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, que está a analizar os datos dunha enquisa realizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística con 1300 entrevistas a mozos/as e grupos de discusión, e que presentou esta mañá durante os XIV Encontros pola Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. A enquisa tamén revela que o uso do galego en Facebook é dun 40% dos enquisados e no Twitter dun 38%. Ramallo entregará as conclusións finais en abril.
Tuenti é a rede social con máis uso do galego
Fernando Ramallo avanza os primeiros datos dun estudo de Política Lingüística
14 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares
