A Zona C acolle Hamlet... a work in progress

Alfredo Padilla coordina as funcións do seu curso de creación escénica en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Entre o 15 de marzo e o 4 de abril, a Zona C de Compostela acolle as representacións de Hamlet... a work in progress. Lonxe de ser unha obra de teatro convencional, esta iniciativa amosará o resultado de Montando Shakespeare curso de creación escénica que Alberto Padilla comezou a impartir nesta cidade o pasado tres de marzo. O actor, especialista en Shakespeare na Royal Academic of Dramatic Art de Londres, amosaralle aos actores as técnicas habituais do teatro inglés canda a propostas vangardistas de representación.

Cartel de Montando Shakespeare
Cartel de Montando Shakespeare

Como resultado do obradoiro, porase en escena o Hamlet, co único requisito de se manter fieis ao texto de Shakespeare, traducido desta volta por Alfredo Conde. As entradas poranse á venda a un prezo de oito euros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hamlet, Shakespeare, Teatro, Londres...