O Teatro Clásico volta a Lugo

A XVI mostra celébrase entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O Teatro Clásico volta a Lugo

Sete representacións, gastronomía e actividades de rúa compoñen o programa da XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo. A Cidade da Muralla acolle entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo as actividades deste evento, que achegan novidades como unha representación en inglés (ROYAL FLUSH. Shakespeare Vs Cervantes) e, por segundo ano, unha selección de tapas inspiradas polas obras do programa en varios locais da cidade. A nivel estritamente teatral, o proxecto inclúe este ano sesións de El Eunuco, El Retablo de las Maravillas, La Hermosa Jarifa, Medea, Sanchica, Princesa de Barataria, Hamlet e mais Teresa o el sol por dentro, obra na que Rafael Álvarez El Brujo homenaxea a Santa Teresa de Xesús. Os lugueses disporán tamén de obradoiros de arte dramática en diferentes lugares da cidade e, para o público familiar, da representación de DON QUIJOTE. Una comedia…gastronómica!.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Shakespeare, Hamlet...

Claves

Protagonistas