Trabajos de Amor Perdidos e Soño dunha Noite de Verán de William Shakespeare, Barataria, a partir da obra de Cervantes, A Voz Humana de Francis Poulenc e La Asamblea de las Mujeres de Aristófanes, son as obras que compoñen o programa oficial da XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Desde o vindeiro 3 de febreiro e ata o 19 de marzo, a Cidade da Muralla acollerá as versións destes textos que realizan, respectivamente, a Fundación Unir, Voadora, Teatro Corsario, a soprano Laura Alonso e Pentación.
No entanto, desde hoxe mesmo, comezan as actividades nas rúas e prazas da cidade coa nova sección Off. Na mesma, Lucecús Teatro será a compañÃa responsable de achegar ao público fragmentos de obras clásicas na montaxe A mostra. Un clásico entre os clásicos. Nesta mesma sección o programa acolle unha versión de Os Contos de Canterbury, a posta en escena de Nasdrovia de Roi Vidal e de Illa Ollo de Manuel Lourenzo, e mais unha actuación do Coro Encaixe. Inclúese tamén no programa a representación de A frauta máxica de Mozart a cargo do Teatro Negro de Praga, prevista para o 18 de marzo. A seguir a tendencia dos últimos anos, a gastronomÃa tamén estará presente no evento coa realización de tapas inspiradas nas obras do programa a cargo de diferentes locais da cidade.