Lugo incorpora a gastronomía á Mostra de Teatro Clásico

A XV edición do encontro comeza o vindeiro 22 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha tapa específica para cada unha das obras que fan parte do programa. A Mostra de Teatro Clásico de Lugo incorpora a gastronomía ao seu programa coa colaboración de once locais da cidade. Canda á comida, a XV edición do recoñecido evento escénico achega como xa é habitual unha selección de compañías que inclúen, entre outras, o musical La flauta mágica, variaciones Dei Furbi, que obtivo o premio Max 2014. Canda a ela, visitarán a cidade da muralla compañías como Ojos de agua, con Charo López, Teatro Meridional, Teatro Corsario, Os monicreques de Kukas, Voadora ou Producións Teatrais Excéntricas. O programa desenvolverase entre o 22 de xaneiro e o 28 de febreiro.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Gastronomía, Kukas...