AGADIC abre Canle.tv con 120 títulos

O web permite ver filmes galegos en streaming

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
AGADIC abre Canle.tv con 120 títulos

A longamente agardada web Canle.tv, da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), botaba a andar hoxe. O espazo que substitúe a Flocos.tv, que pechara ai un ano, recolle producións cinematográficas galegas organizadas en seis categorías principais: ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos. O proxecto conta polo momento con 122 títulos, menos das metade dos 350 que ofertaba Flocos.tv no momento do seu feche. Segundo AGADIC, isto se debe a que foron estas producións ás únicas que os seus propietarios permitiron reproducir no marco deste proxecto.

Malia a que entre os contidos actuais de Canle.tv non se atopan lanzamentos recentes do audiovisual, a Axencia lembra que o proxecto está a aberto a novas incorporacións, e facilita un formulario en liña para os interesados en achegar material.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Documental, Axencia Galega das Industrias Culturais, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)