“Dotar a produción galega dunha plataforma na rede para que toda persoa interesada do mundo poda ver na súa totalidade os filmes alà almacenados”. Asà se explica desde o web da Axencia Audiovisual Galega, o que é Flocos.tv. Trátase dunha plataforma que pretende difundir integramente producións audiovisuais galegas. Nun primeiro momento só se poderán ver curtametraxes e documentais, pero no futuro ampliarase a longametraxes. O proxecto botou a andar este luns con 25 traballos completos que se poden ver en alta calidade e están clasificados en: ficción, documentais, experimentais e animación. O proxecto ofrecerá unha estrea diaria da que se encargará o equipo da Axencia, pero a intención é “que sexan os propios usuarios os que poidan subir directamente os seus traballos”. Ademais, a plataforma conta cun apartado de rexistro para contribuÃr ao desenvolvemento dunha rede social do sector audiovisual.