Filmin abre unha canle monográfica do audiovisual galego

Agrupa a 80 títulos que xa formaban parte da plataforma

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Filmin abre unha canle monográfica do audiovisual galego

A plataforma de audiovisual baixo demanda Filmin abriu unha nova canle chamada Cinemas_gal, na que agrupa 80 títulos xa dispoñibles nos seus fondos que, ou ben foron producidos polo audiovisual galego, ou ben son do cine internacional pero con dobraxe dispoñible en galego. Trátase dunha das 64 canles xa dispoñibles na plataforma. A canle está clasificada nas categorías Éxitos recentes do cine galego, Éxitos internacionais en galego, Autores galegos, Curtametraxes galegas, Documentais, O mellor cine eueropeo en galego. A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documentais, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos