R e Casa de Tolos colaboran para emitir un centenar de concertos e catro documentais

O proxecto foi impulsado polo Clúster Audiovisual Galego

2/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Música tolemias é o nome dunha canle de subscrición gratuíta na que se poden ver, baixo demanda (VOD) da carta da plataforma de Televisión R 25 concertos gravados en vivo ao longo da xeografía galega e de distintas temáticas musicais. Este proxecto ampliarase en 80 concertos máis grazas a un acordo que asinaron as compañías R e Casa de Tolos, impulsado polo Clúster do Audiovisual (CLAG) baixo o nome de “creación de canles temáticas VOD”. Non será a única colaboración entre estas entidades, xa que coproducirán catro documentais que levarán os seguinte títulos: A música: Alma e Industria, O rock noso de cada día, De voces Ceibés a Milladoiro e Música e lendas arredor das Cíes. Estes catro documentais tamén se poderán ver na canle de subscrición de Televisión R.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

29/09/2017

Tolos polos concertos

Este outubro lánzase na rede Tolemias, o Netflix dos vídeos de concertos. Falamos con Segundo Grandío o responsable do proxecto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Clúster Audiovisual Galego, Rock, Xeografía...