AGADIC fecha Flocos.tv

O web permitía a visualización en streaming de filmes do noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Desde a mañá de onte, o sitio web Flocos.tv, que permitía a visualización en liña de máis de 350 producións de cinema galego, está fechada. A empresa que xestionaba o sitio, A Navalla Suíza, recibiu a orde da Axencia Galega de Industrias Culturais, de quen dependía este web, solicitándolles o feche do mesmo. Nunha recente entrevista a este medio, Xaime Quintanilla, director-xerente do Consorcio Audiovisual, aseguraba que estaban a barallar posibilidades para garantir a continuidade deste proxecto. O feche de Flocos supón a desaparición de 109 videos que estaban incrustados nas fichas do soportal AVG de culturagalega.org.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Fechan Vieiros e Chuza!

A desaparición dos dous medios pioneiros deixan un importante oco na Internet galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaime Quintanilla, Suíza, Cine, AVG...