Agadic e o Consorcio buscan un local común para coordinar as súas actividades

Será unha etapa transición para xestionar as competencias en materia audiovisual

9/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
22 lecturas | Compartido 0 veces
“Existe coordinación total e absoluta entre o Consorcio Audiovisual e a Agadic” así de claro é Anxo Quintanilla, director-xerente do Consorcio nunha entrevista que publicará mañá Culturagalega.org. Nela, asegura que se está a buscar un espazo físico común para estas dúas entidades. “Canta máis proximidade teñamos, moito mellor funcionaremos” asegura Quintanilla ao tempo que lembra que as dúas entidades teñen o mesmo horizonte porque "están presididas pola mesma figura: o conselleiro de Cultura”. Mentres desde Agadic informan que nas vindeiras semanas sairán as convocatorias de axudas para o sector (produción, desenvolvemento, talento audiovisual…); o Consorcio asegura que están a ultimar as liñas de apoio a festivais, as bolsas de estudos e cursos, así como a promoción e difusión das producións audiovisuais e o plan de internacionalización e apoio a asistencia a mercados.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios