Roberto Varela insiste que a política audiovisual está unificada entre o Consorcio e Agadic

Cuantifica en 6 millóns de euros o apoio ao sector audiovisual

25/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualpoliticas culturais
28 lecturas | Compartido 0 veces
“Todas as competencias sobre o audiovisual coordínanse dentro do marco da área de Cultura” asegurou Roberto Varela, conselleiro de Cultura, no marco dunha intervención no Parlamento. Con todo, recoñeceu que son a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consorcio Audiovisual as dúas entidades que xestionan e coordinan as políticas públicas nesta materia. Varela anunciou unha “liña de axudas para a actualización das pantallas de cine aos novos sistemas dixitais e se garantirá un marco estable de apoio a festivais”. Ademais, no ámbito da internacionalización apuntou varias liñas: desde potenciar a Galicia Films Comission para atraer rodaxes; promoción en mercados exteriores e o reforzamento dos programas de coproducións (Semprecinema, Raíces, Galicia Brasil) así como os catálogos “curtas”, e “docs”. Alén de insistir que en breve se presentarán os sitios webs corporativos (que contarán cunha canle de visionado de productos audiovisuais), cifrou o apoio ao sector en 6 millóns de euros.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares