A presentación esta mañá de Xesús Vázquez ante o pleno do Parlamento logo de asumir as competencias de Cultura deu como principal novidade o anuncio da eliminación do Consorcio Audiovisual de Galicia. Vázquez agardou á súa quenda de réplica para facer este anuncio, co que se cumpre a promesa do goberno galego de unificar as competencias neste ámbito, que quedarán integradas baixo a Axencia Galega das Industrias Culturais. En concreto, Vázquez apuntou que "imos iniciar os trámites para a creación dunha xanela única para o sector audiovisual galego, atendendo ás históricas demandas das empresas e aos acordos nesta Cámara. Nese sentido, procederemos á supresión do Consorcio do Audiovisual para integrar as súas funcións na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)”.
Canda a isto, o actual conselleiro de Cultura e Educación defendeu na cámara a idoneidade de agrupar estes ámbitos de actuación e defendeu a coordinación entre os mesmos, sinalando que se realizou do mesmo xeito a nivel estatal. A seguir, realizou un repaso das actuacións que ten previstas en diferentes ámbitos sen realizar anuncios de especial importancia e sinalando a continuidade co traballo dos seus antecesores.
No campo do ensino, Vázquez destacou que no vindeiro curso se incorporarán ao Proxecto Abalar 9.000 novos alumnos, e que 50 novos centro de ensino se incorporarán ao programa de ensino plurilingüe. No campo da investigación apuntou a vindeira aprobación do Plan Sectorial da Cidade do Mar en Vigo.
No campo da cultura, salientou a continuidade no trámite da Lei de Patrimonio e mais da Lei de Bibliotecas, longamente anunciadas. Esta última incorporará, tal e como solicitara o Parlamento, e establece a lexislación estatal, a nova normativa de Depósito Legal. Encol do Gaiás, Vázquez apuntou que “é o momento de comezar a o facer rendible” e sinalou que prevén “unha liña clara de explotación do complexo” no que queren contar cun “esforzo común público e privado, e potenciar o investimento e cultura como activo económico na nosa terra”.
Deste xeito, segundo Vázquez a Cidade da Cultura centrarase na promoción e difusión das industrias culturais e creativas do paÃs. Do mesmo xeito, incidiu en que a internacionalización e a busca de contactos entre as empresas culturais e destas con outros sectores empresariais serán eixes prioritarios de traballos para Axencia Galega das Industrias Culturais.