As axudas do sector audiovisual volveranse convocar en Agadic e non no Consorcio Audiovisual Galego

Aprobouse o plan de actividades que mantén os proxectos Semprecinema, o Fondo Raíces e Audiovisual nas Aulas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Moitas expectativas xenerou a xuntanza celebrada onte na sede da Consellaría de Cultura. Era unha reunión ordinaria do Consello de Dirección do Consorcio na que se decidiría o plan de actividades desta entidade e esperaba que marcaría unha nova etapa. Segundo unha nota de prensa, alí aprobouse que no mes de febreiro se convocarían as liñas de axudas para o sector e que sería a Agadic a entidade encargada de facelo. O Consorcio, pola súa parte, seguirá mantendo a convocatoria do Fondo Raíces e a continuidade de “Semprecinema” (instrumento público-privado coa antiga fundación Caixa Galicia para impulsar proxectos cinematográficos). Ademais, continuará co proxecto formativo (inglés para profesionais, audiovisual nas aulase o curso de prosgrao sobre comercialización de contidos audiovisuais) e a presenza en foros e mercados do ámbito español e internacional. Toda a información sobre o sector audiovisual galego estará centralizada no sitio web do Consorcio Audiovisual Galego que será presentado en breve.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais