O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Educación organizan un curso de inglés

O audiovisual en formación

11/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Nos seus proxectos para o 2007, o Consorcio Audiovisual de Galicia anunciou o seu apoio decidido aos programas de formación. E unha das evidencias desta iniciativa fráguase no curso "Monográfico de Inglés Audiovisual" que a entidade, en colaboración coa Consellaría de Educación, acaban de convocar. O curso desenvolverase desde o 30 de xaneiro ata o 20 de marzo e está dirixido a profesinais e estudantes do sector audiovisual. Ademais, o Consorcio tamén organiza en febreiro, en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, o "I Congreso de Tradución para a Dobraxe".

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Consorcio Audiovisual de Galicia, Tradución...