A Navalla Suíza gaña en Cannes un certame de novas experiencias de video na rede

O premio consiste nun contrato para desenvolver o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Xeoposicionamento, realidade aumentada e cine. Esta innovadora mestura levou á empresa A Navalla Suiza (desenvolvedora de Flocos ou Eufalo.tv) a gañar o certame Content 360º na categoría de Next Generation Online Video Experiencie que se desenvolve no MIPTV de Cannes, o mercado de televisión máis destacado de Europa. O premio consiste en asinar un contrato co National Fim Board para desenvolver o proxecto que chamaron Candian Augmented Films, que é unha aplicación para móbiles e web que permite relacionar os edificios, prazas e lugares físicos coas películas que se rodaron nel e ter, polo tanto, unha experiencia e implicación diferente co mundo no que nos movemos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Suíza, Cine, Europa

Claves

Conceptos
Lugares