A rede acolle o primeiro documental colaborativo sobre o galego

Os responsables de Eufalo.tv explícannos o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Pequenas pezas nos que persoas do máis diverso explican a súa experiencia coa nosa lingua. Esta é a proposta que realiza a empresa A Navalla Suíza con Eufalo.tv, o primeiro documental colaborativo feito sobre o galego. Para alén dos videos que realizan os propios promotores, calquera persoa pode facer as súas achegas a este proxecto, conformando un fresco da realidade lingüística a pé de rúa. "Contamos coa túa colaboración para, entre todos, irlle poñendo caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia", aseguran desde o proxecto. Os responsables da iniciativa preséntannola no primeiro screencast de culturagalega.org. Recomendámosche velo a pantalla completa.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Burela, por exemplo

Un documental recolle o traballo de normalización lingüística deste concello

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Suíza, Culturagalega, Lingua galega

Claves

Entidades