Silleda vÃa nacer onte o seu Consello Muncipal de Cultura. Este organismo, formado por 29 colectivos de Trasdeza, pretende asesorar o concello en termos de polÃticas culturais e dinamizar a actividade neste campo. Está previsto que o novo órgano se reúna cada seis meses baixo a presidencia do responsable do Concello nesta área, e con presidente da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira como vicepresidente. Esta mesma semana nacÃa tamén o Consello da Educación, e dentro do regulamento de participación cidadá está previsto a creación de outros órganos semellantes.
Segundo os datos do II Mapa sociocultural de Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega, só 13 concellos do noso paÃs contan con organismos autónomos con competencias en dinamización de actividades culturais, xa sexan consellos, fundacións ou padroados.