O Pleno do Concello da Coruña aprobou o pasado venres o regulamento do novo Consello Municipal de Cultura (CMC) que se crea na cidade herculina. Esta entidade presentouse como proxecto o mes de abril deste ano no Teatro Colón e agora chega á súa aprobación nun Pleno de carácter Extraordinario. O Consello Municipal de Cultura está pensado para darlle aos profesionais da cultura un espazo de diálogo con toda a Corporación Local, con voz e voto. Terá un Plenario amplo, con representación de profesionais e asociacións relacionadas coa cultura en toda súa diversidade, e con presenza dos grupos polÃticos municipais. A presidencia recaerá na alcaldesa, e contará cunha vicepresidencia escollida polo propio sector cultural. Tras a aprobación inicial co apoio da Marea Atlántica ao grupo de goberno, o regulamento do novo Consello terá un mes de exposición pública, no que a veciñanza da Coruña poderá facer alegacións para melloralo e completalo. Pasado ese perÃodo, volverá a pleno para a súa aprobación definitiva. En Galicia outras cidades, como Santiago de Compostela e Ourense, crearon no seu momento organismos similares, pero co tempo foron quedando inoperantes.