A Lei de Cultura Inclusiva e Accesible inclúe a creación dun observatorio propio

O Consello da Xunta analizou onte o anteproxecto da norma que agora remitirá aos órganos consultivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O Consello da Xunta analizou onte o texto do anteproxecto da futura Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, que será remitido aos órganos consultivos para a emisión dos informes preceptivos e exposición pública. Preténdese fomentar a participación e acceso á cultura a todo tipo de persoas e colectivos sociais, independentemente da súa idade, situación socioeconómica ou lugar no que vivan. O anteproxecto inclúe, entre as súas medidas, a creación dun Observatorio da Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia para asesorar e facer seguimento do cumprimento da norma. Neste mesmo mes a Xunta anunciou á creación doutros dous observatorios do eido cultural: o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade e o Observatorio da Innovación do Patrimonio Cultural.

A norma de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia inclúe tamén que os axentes culturais responsables dos equipamentos, das programacións e do resto de tipoloxías de actividades culturais que se desenvolven en Galicia, incluídas as administracións públicas, velen pola elaboración dun plan de accesibilidade no que se detalle a situación de partida e as melloras que cómpre realizar, así como un plan de inclusión coas accións necesarias para integrar a todos os públicos.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín Paz Andrade, Lusofonía

Claves

Protagonistas
Conceptos