Os Bens de Interese cultural en Galicia pasaron de ser 572 no ano 2000 a 612 en 2010. Dos 35 expedientes de bens inmobles que se incoaron ao longo destes dez anos, 29 deron finalmente nunha declaración de protección efectiva. En canto aos bens mobles, houbo unha destacada progresión ao pasar de 2 a 13 os protexidos con esta figura en Galicia, segundo recollen os datos que o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega publica no seu web.
En conxunto, o noso paÃs ocupa o sexto lugar entre todas as comunidades do Estado Español en canto a número total de Bens inmobles de Interese Cultural declarados. No entanto, Galicia perde peso no conxunto, xa que pasou de contar co 4,7% do total incoados e declarados a ter unicamente o 4,2% do Estado.