Faise efectiva a declaración BIC do Pazo de Fefiñáns

O DOG publica hoxe a delimitación deste ben e do seu contorno de protección

17/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tal e como aprobara o pasado 30 de agosto o Consello da Xunta, o Pazo de Fefiñáns é xa Ben de Interese Cultural. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que este monumento do século XVII acada a máxima protección de caracter cultural no país. Ademais, recolle a delimitación exacta dos elementos protexidos, que para alén dos dous corpos do edificio, inclúen a Igrexa de San Bieito, así como cortes de cabalos e adegas anexas e os bens mobles vencellados a ambos os edificios.

Na declaración final ampliouse o perímetro de protección do ben sobre o expediente inicial, atendendo ás recomendacións como as da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, e do Consello da Cultura Galega e da Universidade de Santiago de Compostela, entidades que foron consultadas durante o proceso.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes, Ben de Interese Cultural, Belas Artes, Academia de Belas Artes...