O Pazo de Cea abrirá as portas este verán como hotel

En marcha os traballos de rehabilitación deste Ben de Interese Cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O edificio do Pazo de Cea, en Nigrán, abrirá as súas portas este verán como hotel rural de catro estrelas. As obras de rehabilitación deste Ben de Interese Cultural están en marcha e afectarán tanto ao edificio principal como a outras tres casas, a capela, o pombal, o hórreo, o lagar, unha fonte e os xardíns que ocupan unha finca de 44.000 metros cadrados. O conxunto do século XVI acollerá un hotel rural de catro estrelas. Os donos do pazo anunciaron que teñen encargado un estudo histórico sobre o mesmo para a súa difusión. A apertura realizarase de maneira parcial para a celebración de eventos.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Nigrán

Claves

Lugares