Iníciase o proceso para crear o Parador de Muxía canda outras ofertas hotaleiras

Hoteis con estrelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A oferta hotaleira de Galicia vaise completar nos vindeiros anos grazas a varias iniciativas de alto nivel. En primeiro lugar, o DOG convocou onte o concurso de ideas que pon en marcha o Parador de Muxía, o complexo anunciado no marco do Plan Galicia na catástrofe do Prestige. En segundo lugar, a Xunta iniciará este verán as obras de rehabilitación do mosteiro de Monfero para convertelo nun hotel de luxo que abrirá as súas portas para o 2012. Por último, o proxecto “Hórreos do Camiño” permitirá dotar o Camiño Francés de sete establecementos de catro estrelas que contarán con servizos de spa.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muxía, Prestige, Camiño Francés, Monfero...