O Palacio de Sober abre convertido nun hotel de luxo

O conxunto está considerado un dos pazos máis importantes do noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O que posiblemente sexa o maior pazo de Galicia e un dos máis antigos, o de Palacio de Sober, abriu onte as súas portas como hotel de cinco estrelas. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, participou no acto de apertura, que finaliza un prolongado proceso de rehabilitación orzamentado en 7,8 millóns de euros. A empresa Alvaher 98 foi a responsable de transformar o edificio, ata hai poucos anos en ruínas, no actual establecemento, que contará con 36 cuartos e 10 suites, e que aspira a se converter nun referente turístico na Ribeira Sacra.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, Roberto Varela, Ribeira Sacra

Claves

Protagonistas