Medio Ambiente actualiza o plan de recuperación do oso pardo

Tamén presentou planos para a protección do sapoconcho e aves do litoral

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O anterior levaba vixente desde o ano 1992, pero a Xunta presentou na cuarta reunión do Consello Galego de Medio Ambiente unha "actualización" do plan de recuperación do oso pardo en Galicia, que suporá establecer obxectivos para "evitar a mortalidade non natural" ou aplicar medidas "para a conservación e restauración" do seu hábitat. Medio Ambiente tamén presentou na xuntanza o plan de recuperación do sapoconcho, que entre outras medidas, suporá a reintrodución da especie en catro novas localidades, canda plans específicos para dúas especies de aves: a píllara das dunas e a escribenta das canaveiras.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves