Medio Ambiente garantirá a permanencia de 68 mandas de lobos en Galicia

O Plan de Xestión do Lobo aprobará medidas para unha década

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Medio Ambiente garantirá a permanencia de 68 mandas de lobos en Galicia

O Decreto do Plan de Xestión do Lobo, que se aprobará en breve no Consello da Xunta, prevé medidas para garantir, durante unha década, a supervivencia desta especie. A Consellaría de Medio Ambiente, que adiantou esta mañá as medidas que contén o texto, quere manter a poboación de arredor de 68 mandas, o que supón entre uns 420 e 650 exemplares. Entre outras medidas, a Consellaría anunciou a posta en marcha do Foro do Lobo, no que gandeiros, ecoloxistas, sindicatos agrarios ou universidades, entre outros axentes, debaterán a aplicación do Plan de Xestión. Medidas de apoio aos gandeiros, a creación dun Centro de Interpretación da especie e campañas para mellorar a percepción da poboación encol do lobo son outras das propostas deste plan.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente