A Federación Galega de Medioambiente pretende combater os prexuizos que hai sobre o lobo

Fegama creará un foro permanente de debate e reflexión

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Presentacion campaña de concienciación social

Presentacion campaña de concienciación social

O lobo cumpre un importante papel no medio natural, malia que esteamos afeitos a recibir información negativa polos danos que causa aos gandeiros. Por ese motivo, a Federación Galega de Medioambiente (Fegama) acaba de anunciar que vai crear unha campaña de concienciación social para por en valor a súa importancia e as posibles medidas para protexelo e diminuir a crispación social. Unha enquisa sobre a problemática do lobo, axudas e compensacións para evitar as batidas ilegais así como un foro permanente de reflexión e debate sobre este conflicto son algunhas das medidas que entrarán en vigor no marco desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)