O Ateneo e o Diario de Pontevedra crean un foro de debate e información

Pontevedra busca o diálogo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Diario de Pontevedra e o Ateneo da cidade do Lérez veñen de crear "Diálogos en Pontevedra", un foro de discusión, diálogo e tertulia co que queren promover a reflexión e o debate, tanto sobre temas locais como sobre cuestións globais.

Actividades conxuntas

Onte produciuse a sinatura do acordo entre Blanca García Montenegro, presidenta da editora de Diario e Carlota Román García, presidenta do Ateneo. A colaboración entre as dúas institucións pretende unificar esforzos para acadar un maior nivel nas actividades realizadas. Está previsto que estas consistan fundamentalmene en debates abertos á cidadanía nos que participarán expertos nos temas principais. O mes de xaneiro será o que dea inicio ás actividades.


Institucións históricas da cidade

Tanto o Ateneno como o Diario de Pontevedra se teñen convertido en auténticas institucións históricas da cidade. O Ateneo leva desde os anos 60 dinamizando a vida cultural de Pontevedra, coa colaboracións de intelectuais e persoeiros da vida pública tan relevantes como Torrente Ballester, Gonzalo Adrio Barreiro ou Agustín Portela Paz entre outros. Pola súa banda, o Diario de Pontevedra convertiuse nos seus máis de cen anos de existencia, no medio de comunicación por antonomasia da capital.


Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra, Lérez, Gonzalo Torrente Ballester

Claves