Dagon, O lápis do carpinteiro, Os luns ao sol, A viaxe de Carol.... son varias as producións cinematográficas que se rodaron na cidade de Pontevedra. O impulso económico deste tipo de actividades, acaba de motivar a creación da Pontevedra Film Comission e Pontevedra Film Office. Son as dúas marcas que pretenden promover e facilitar a rodaxe de todo tipo de producións na cidade do Lérez. Está vencellada á Oficina de Congresos da cidade e segundo explica o Diario de Pontevedra "o traballo será asumido polo personal da concellarÃa de Turismo".